Regresar a todos los eventos
Trátase dunha serie de obradoiros para escritores de todos os niveis. O primeiro deles, impartido por Rober Cagiao, estará enfocado a escritores noveis e constará de dúas partes:
•Teño un manuscrito. Agora como o publico? Falarase das diversas opcións que existen, analizando os puntos a favor e en contra de cada unha, así como a necesidade da profesionalización do manuscrito coas diversas correccións.
•O libro xa está publicado, e agora que fago?
Analizaranse as diversas accions existentes, que seran diferentes segundo a opción escollida na primeira parte, así como a necesidade de profesionalizar a súa figura a través de redes sociais, presenza en librarías ou feiras do libro, e
distribución comercial.